Saltar ao contido

Iolanda de Valois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIolanda de Valois

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1434 Editar o valor en Wikidata
Tours, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 1478 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Chambéry, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVercelli Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente
Duquesa consorte
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa consorte
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Savoia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmadeo IX de Savoia (1452 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMarie de Savoie, Ana de Savoia, Luísa de Savoia, Filiberto I de Savoia, Carlos I de Savoia Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos VII de Francia Editar o valor en Wikidata  e María de Anjou Editar o valor en Wikidata
IrmánsLois XI de Francia
Catarina de Valois e de Anjou
Madalena de Francia
Xoana de Valois e de Anjou
Radegunda de Francia
Carlota de Valois
Carles de Valois, duque de Berry
Marie de France Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Valois-277

Iolanda de Valois (en francés: Yolande de Valois), nada en Tours o 23 de setembro de 1434 e finada en Chambéry o 23 de agosto de 1478, foi duquesa consorte de Savoia. Era filla do rei Carlos VII de Francia, "O Vitorioso", e María de Anjou. Casou co duque Amadeu IX de Savoia en 1452. Levaba o nome da súa avoa, Iolanda de Aragón. Ás veces coñécese como Iolanda de Francia. Iolanda actuou como rexente de Savoia entre 1472 e 1478.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A epilepsia e o retiro do seu marido deixouna no control do Estado para loitar cos baróns de Savoia. Despois da morte deste en marzo de 1472, converteuse en rexente do seu fillo Filiberto até a súa propia morte.

Do mesmo xeito que o seu irmán Carlos, foi unha aliada de Carlos o Temerario, contra o seu propio irmán Lois XI de Francia. Despois da humillación de Borgoña na Batalla de Grandson en 1476, o duque acusouna de estar en liga con Lois e encarcerouna.

Despois da súa liberación, fixo as paces co seu irmán e quedou en bos termos con el até a súa morte.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou en 1452 con Amadeu IX (1435-1472), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte; fillo do duque Lois de Savoia e da princesa Ana de Chipre. Desta unión naceron dez fillos:

  • Lois de Savoia († 1453).
  • Ana de Savoia (1455-1480), casou en 1478 con Frederico I de Nápoles († 1504), príncipe de Altamura.
  • Carlos de Savoia (1456-1471), príncipe de Piemonte.
  • Luísa de Savoia (1462-1503), casou en 1479 con Hugo de Chalon († 1490), señor de Orbe.
  • Filiberto de Savoia (1465-1482), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte.
  • María de Savoia (?-1511), casou en 1476 con Filipe de Hochberg († 1503), margrave de Bade-Sausenberg; e logo con Xaime de Assay, señor de Plessis.
  • Bernardo de Savoia († 1467)
  • Carlos de Savoia (1468-1490), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte.
  • Xaime Lois de Savoia (1470-1485), marqués de Gex.
  • Xoán Claudio Galeazzo de Savoia († 1472)